miércoles, 16 de septiembre de 2015

A Terra e o Ceo: O Sistema Solar

O sistema Solar
O Sistema Solar está formado pola Terra e outros sete planetas que xiran arredor do Sol.

Os planetas do Sistema Solar son: MERCURIO, VENUS, TERRA, MARTE, XÚPITER, SATURNO , URANO E NEPTUNO.

Os planetas teñen diferentes tamaños, hai uns que son rochosos e outros gasosos. 

Ademais no Sistema Solar hai un cinturón de asteroides entre Marte e Xúpiter. Os asteroides son de moitos tamaños, e as veces chocan. Cando caen no noso planeta, os restos de asteroides, chamámolos meteoritos.

Os cometas son bloques de xeo e pó que circulan polo espazo. Cando se achegan moito aso Sol, deixan escapar  gas e po que parece unha cola brillante detrás deles.


Para que non vos esquezades de nada deixámosvos este mapa conceptual.