lunes, 14 de septiembre de 2015

Presentamos a Tuercas

Para esta viaxe tan especial precisamos dun guía que nos axude e ensine a buscar todo o que queremos saber sobre os : planetas, corpos celestes... e quen sabe, dos seus habitantes.

Aquí o tedes: TUERCAS


14 de setembro de 2015

Ola nenos e nenas de 3º!

Chámome Tuercas. Non vos asustedes, que aínda que non son do voso planeta, veño en son de paz.
Teño un móvil espacial e con el falo con todo o Universo, tamén  me gusta escoitar noticias a diario. Coa miña super cámara fago unhas fotossss!
Vivo na lúa, estou canso de facer viaxes polo Universo, pero... atópome moi soíño. 
Queredes ser os meus amigos?
Pódovos ensinar todo o que queirades saber sobre o Universo. 

               Un saúdo!
               
               Tuercas

P.D. Espero impaciente o vosa resposta!