martes, 15 de septiembre de 2015

Empezamos!!!

       Ola, rapaces!Xa recibín as vosas cartas! Que contento estou! Xa non estou soíño! Quero ser un fantástico guía na viaxe.Estou desexando empezar! Xa teño todo preparado, ata a miña equipaxe. E vós estades preparados?


Adiante, empezamos cos preparativos!!!

Estas son as vosas tarefas: 

    Antes de  saír tedes que formar equipos de 4 ou 5 nenos/as e elixir a un compañeiro que será o responsable do grupo. 
Para cada unha das viaxes que fagamos precisamos:
 Ø  Busca de información nas webs propostas, nos libros que vos deixarei nun recuncho do cole.
Ø  Localización de imaxes.
Ø  Investigar, seleccionar,  redactar e facer un mapa conceptual.
Ø  Completar unha ficha.
Ø  Escribir unha pequena historia.
Ø  presentación e exposición aos compañeiros.

Nesta primeira etapa imos a coñecer : O Sol e o Sistema Solar.