jueves, 29 de octubre de 2015

Por que non lle poñemos o nome de CERVANTES a unha estrela do espazo exterior?

É posible conseguilo?


CLARO QUE SI!!!

A Unión Astronómica Internacional saca unha votación para que a xente lle poña nome aos 20 novos sistemas planetarios que foron descubertos  nestes últimos anos.

O proceso comezou a xestarse fai   un ano e esta proposta foi presentada oficialmente polo Planetario de Pamplona ( España) e apoiada pola Sociedade Española de Astronomóa (SEA) e o Instituto Cervantes para nomear á estrela mu Arae e aos seus catro planetas co nome de CERVANTES e os das principais personaxes da  súa novela " El INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA"


Onde se atopa esta estrela?

Nun lugar da constelación Ara, unha estrela coñecida pola letra μ

Por que ?

Porque a importancia de Miguel de Cervantes na cultura universal non se pode ignorar. A súa obra mestra, Don Quixote, está considerada como a mellor obra de ficción xamais escrita. E , como sabedes, este ano celebramos o 400 aniversario da publicación da segunda parte. 

Pedimos para o famoso cabaleiro e os seus fieis compañeiros o lugar que se merecen entre as estrelas.

A elección dos nomes no é casual no seguinte vídeo explícannos o porque dos mesmos:


Que hai que facer para conseguilo?

Votar esta proposta neste enlace www.estrellacervantes.es


O prazo para votar  abriuse fai uns días e temos hasta 0 31 de outubro.

Algo máis que facer?

Por suposto, podes difundir  a proposta da Estrela Cervantes con enlaces a esta entrada.


Mil grazas! Entre todos podemos conseguilo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario