viernes, 16 de octubre de 2015

Repasamos Sociais

1.- Por que no verán vai máis calor  que no inverno?

-   Porque o sol quenta máis.
-   Porque os raios do sol inciden sobre a superficie terrestre directamente.
-   Porque a Terra está máis preto do Sol.

2.- Que curva describen os planetas arredor do Sol?
-   Circunferencia.
-   Espiral.
-   Elipse.

3.- Por onde sae o Sol?
-   Polo Leste.
-   Depende da época do ano.
-   Norte.

4.-Cal é o planeta máis grande?

5.- Por que cambia tanto a temperatura dun planeta a outro?
-   Pola distancia ao Sol.
-   Polo tamaño.
-   Pola  gravidade.

6.-  Define : Eixe terrestre

7.- Onde se sitúa o noso Sistema Solar?

8.- Que tipos de astros existen no Sistema Solar?

9.- Debuxa as fases da Lúa

10.- Completa:
A Lúa está na fase.......................................... cando non a vemos no ceo. A Lúa Nova comeza a medrar e pasa a .....................................Nesta fase vemos a Lúa con forma de............................
A Lúa segue medrando e chega a ......................................... Nesta fase vémola redonda. Agora comeza a decrecer e a esta última fase chamámola................................. e ten forma de ..........

11.-Que é o Big Ban?
-   Unha estrela.
-   Unha constelación.
-   Unha explosión.

12.- Que son as órbitas?
-   Ondas que viaxan polo espazo.
-   Liñas imaxinarias onde situamos aos planetas.
-   Liñas que unen uns planetas a outros.
-  Percorrido que realizan os planetas arredor do Sol.

13.- Cantas estrelas hai no espazo?
-   Infinitas
-   Unha, o Sol.
-   5.789.450

14.-Que son os cometas?
-   Grandes rochas que flotan no espazo
-   Astros con luz propia que xiran arredor do Sol
-   Corpos rochosos que cando se achegan ao Sol desprenden pó e lume.

15.-  Cantos días dura un ciclo lumar?

16.-  En que se  diferencian os planetas e as estrelas.

17.-Completa


18.- Nomea os movementos que realiza a Terra e explica as súas consecuencias.

19.- Relaciona cada unha destas características coa estación correspondente.
-   Os días acúrtanse e comeza o frío.
-   Os raios do Sol chegan directamente e vai moita calor.
-   Os raios do Sol chegan moi inclinados.
-   Os días vanse facendo máis longos e sobe a temperatura.
-   Comeza o 23 de setembro.


20.- Por que existe o día e a noite?

No hay comentarios:

Publicar un comentario