lunes, 19 de octubre de 2015

UNHA VISITA APASIONANTE!

O pasado venres,  grazas a invitación do Concello da Guarda e o Padroado Municipal do Monte Santa Trega,puidemos visitar as escavacións do poboado da MERGELINA. 


Alí, no monte, nos estaba esperando Leo, un guía estupendo que xa coñecíamos do curso pasado.




Aínda que con un pouco de frío, puxémonos de camiño  cara as escavacións onde puidemos observar, sorprendidos e entusiasmados  como traballan os arqueólogos. 
En todo momento, Leo foinos  explicando os utensilios que utilizan, como sinalizan os lugares onde atopan pezas, as diferenzas entre o muro de proteción e os muros das casas, tamén nos ensinou algunhas das pedras atopadas e para que servían... e tivemos a enorme sorte de poder ter nas nosas mans uns restos que atoparon cando estabamos alí.

Máis tarde levounos ao laboratorio onde outros arqueólogos van recollendo en bolsas o que van atopando cada día. Con esas pezas teñen un traballo enorme: límpanas con auga e un cepillo, clasifícanas, enuméranas...




Foi unha visita moi, moi interesante!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario