lunes, 2 de noviembre de 2015

CONTO: O NACEMENTO DO SISTEMA SOLAR

Imos a contar a historia do Sr Sol e os seus 8 planetas  aos que coida e protexe,  coa colaboración importantísima de Dona Gravidade.

O noso amigo e protagonista da historia, fai moito, moito tempo, era coma unha nube moi, moi, moi grande... moito máis grande do que vos estades imaxinando e estaba formada de gas e po que flotaba no espazo.

Como vos dicía, atopábase completamente so, sen nada derredor.

O único que coñecía o Sr. Sol desde que tiña memoria, era a súa amiga dona Gravidade, de aspecto serio e moi, moi forte. 
Tamén era moi coidadosa e sempre estaba pendente de que ni a máis mínima partícula escapara do seu territorio.
Dona Gravidade axudáballe ao Sr. Sol a manter o po e o gas unidos, sen deixalos saír do interior da gran nube.

Aínda así atopábanse moi soíños. Un día decidiron que tiñan que facer algo para estar acompañados e dar máis ledicia e colorido ao baldeiro espazo, recordade que non había nada máis.

Resultado de imaxes para FORMACIÓN UNIVERSODona Gravidade fixo uso de todas as súas forzas! Conseguindo  que o po e o gas se xuntaran máis e máis e máis.

Deste xeito a grandísima nube foise facendo moi pouco a pouco, moito máis pequena; a apertou tanto, pero tanto, tanto que a parte central máis profunda da nube... comezou a arder.
Pero non pensedes que era unha labarada suave e delicada, que va. Era una super labarada, xigantesca, colosal e moi, moi quente. Nese intre no que a bola de gas se incendiou, moitísimas rochas, saíron despedidas cara o espazo.
Pero Dona Gravidade sendo tan forte e ademais tan coidadosa e obstinada, non quixo que as rochas se aloxaran moito, e deixounas flotando no espazo, máis ou menos preto da gran bola acendida na que e convertera o Sol. todos estes pequerrechos anaquiños xiraban arredor so sol repartidos, uns máis preto e outros máis lonxe. Segundo o sabio criterio de Dona Gravidade, que resultou tamén moi organizada.
Moito, pero que moito tempo despois de que o Sol comezara a arder, Dona Gravidade entretívose xuntando unhas rochas con outras formando grupos de diferentes tamaños, cores e materiais.  Deste xeito, era máis fácil controlalas se sé xuntaban facendo bolas máis grandes.
Así foi como naceron os planetas, que xogan xirando arredor do Sol, recibindo todos a súa luz e calor.
É marabilloso ver aos planetas xuntiños, pero ada un no seu sitio.
A Dona Gravidade xa so lle faltaba por un nome a cada planeta. Comezou polo que estaba máis preto do Sr. Sol. Observou que estaba feito de fortes rochas e tiña moitas feridas na súa cara, ademais ía moi de presa xirando arredor do Sr. Sol.
- Que gracioso es! E que rápido xiras! Por ser tan veloz chamareite MERCURIO
   Ah! e non deixe de moverte así de rápido ou o sol atraparache e darache unha calorosa aperta.
Dona Gravidade, agora, prestou atención ao segundo planeta que xiraba arredor do Sol.
- Que fermoso, como brillas! Es máis grande ca o te irmá Mercurio e tes unha capa moi espesa de nubes que te arrodea, e ... que rariño andas, xiras ao revés que o resto dos teus irmáns... Chamareite VENUS... Ah e recórdoche que non te esquezas de xirar arredor do Sol, ou atraparate.
O terceiro planeta resultou ser moi fermoso e especial.
- Pero, a ti que che pasou? Estás todo mollado!- Dixo Dona Gravidade
   Tes auga por todas partes, tamén vexo que tes grandes extensións de terra e unha fina capa de aire que che rodea; Estate atento porque todos estes detalles son moi importantes para que poidan vivir nu futuro persoas, animais e plantas...
Chamareite... TERRA
- Eh, ti... non te escondas que te vin... sae de aí detrás!
- É a miña amiga a Lúa- respondeu a terra saíndo na súa defensa. Sempre viaxa comigo, somos inseparables. Cada 28 días a Lúa da unha volta arredor de min. Véxoa con formas diferentes. Unhas veces está redonda, redonda e brillante, outras veces parece unha C, outros días unha D. Hai días que non a podo ver porque se esconde moi ben. Pero sempre acaba aparecendo e brillando coma un farol.
- Pois non se fale máis, seguide o vosa viaxe.
O seguinte planeta era máis pequeno ca Terra e dunha forte cor vermella
-Claro coma ti tes tanto ferro- dixo Dona Gravidade, pareces unha gatiña de sangue colgada no ceo. Déixame pensar un pouquiño e atoparei un nome para ti. Xa está, xa o teño! Chamareite MARTE.
Antes de pasar ao seguinte planeta, repasou a lista dos nome que puxera: Mercurio, Venus, a Terra e Marte. Eran os que estaban máis preto do Sol, todos eles estaban formados por rochas moi duras. Os que quedaban eran  unhas grandísimas bolas de gas, planetas enormes, pero máis pequenos que o Sr Sol.
- Vamos a ver, ese  tan maiorrrrr! - dixo Dona Gravidade, sinalando co dedo.
Si, ti, non te fagas o despistado. Tes unhas fermosas raias na túa cariña e vexo que tes moitas lúas que che acompañan, espero que sexades bos amigos. Como es o máis grande de todos, chamareite XÚPITER.  Por ser o maior de todos vas a ter unha enorme responsabilidade: Vas a coidar de todos os teus irmáns! Encargaraste de atrapar esas bolas que quedan soltas polo espazo, esas que non quixeron unirse a ningún planeta e que viaxan arredor so Sol. Son os asteroides e os cometas. evitando deste xeito que poidan acabar chocando contra os teus irmáns. Non te preocupes, que eu Dona Gravidade, estou disposta a axudarte nesa misión.
- Que cansa estou!!!  Pero teño que seguir, tan so me quedan tres planetas de nada.
- Pero... ti, o do arao, o que está xogando co anel arredor da cintura- dixo Dona Gravidade con un ton de voz que demostraba que estaba máis sorprendida que enfadada.
A ver, cóntame de onde sacaches ese anel xigante que rodea o teu barrigolo.
- Non é un xoguete, é que... é que... , fai moito tempo, dúas das miñas lúas estaban xogando, achegáronse demasiado e acabaron chocan entre elas e... e...
- E que?
-Pois que se converteron en po, partíronse en miles de anacos que quedaron xirando ao meu arredor e non hai maneira de separarme delas. Se lle digo a verdade, a min gústame moito o meu aspecto, dáme un toque especial.
- Ben, ben, pero non te distraias, que xa sei o que pasa con estas cousas- Aconselloulle Dona Gravidade.
-Da cordo... pero aínda non me puxo nome!
-É verdade! Teño un moi fermoso e que che quedará moi, moi ben, serás... SATURNO, o do anel.
Os dous planetas  que quedaban, tamén eran grandes bolas de gas, aínda que máis pequerrechos que os seus irmáns Xúpiter e Saturno. Os dous tiñan unha cor azulada debido ao tipo de gas do que estaban feitos. Tamén están acompañados por algunhas lúas.
Dona Gravidade, de súpeto, quedouse en silencio, pechou e abriu os ollos varias veces porque non podía crer o que estaba vendo. Un deles xiraba moi inclinado!!!
- Que che pasou para xirar así?
- Pois que fai moito tempo, un cometa moi, moi grande que ía visitar ao Sol a toda velocidade, e como corría tan rápido! Non me din conta e non tiven tempo de apartarme! E... zas! Deume un pequeno empurrón, deixándome así para sempre.
-Non te preocupes, o planeta Saturno que tes diante animarache co seu fermoso anel, facendo que se che esqueza este accidente. Vamos a buscar un nome para ti... a ti chamareite... uhmmmmmmmm...URANO!
Xa só quedaba un por nomear.
-Es o último e máis alonxado do Sol de todos os planetas. Vexo que estás feito de gas, e tes unha cor  azul especial, como o teu veciño Urano. Desde onde  ti estás case non se distingue  o Sr Sol das demais estrelas.
A ti chamareite... NEPTUNO.
Polo que vexo, es o máis lento de toda a familia dos planetas. A ti si que che vai custar dar unha volta arredor do Sol, polo menos, polo menos e calculando polo baixo..... uns 160 anos.
-Foi  un traballo complicado e divertido pórvos o nome a cada un de vós, pero... por fin, estades todos colocados e no voso sitio e cun nome para poder chamarvos a todos.
podedes xirar arredor do Sol sen medo a perdervos e a chocar uns cos outros. Se mantedes a vosa velocidade mentres xirades, arredor do Sol, el non poderá atraparvos. Non teñades medo porque eu, Dona Gravidade, estarei vixiando e coidando de que nada malo vos ocorra.

E así, es como desde fai tanto, tanto tempo os 8 planetas: Mercurio, Venus, A Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e  Neptuno , xiran arredor do Sol, recibindo a súa luz e caloriño, vixiados e acompañados de moi preto por Dona Gravidade.

E colorín colorado.... cada planeta xa está colocado! 

Agora tedes de ilustralo!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario