sábado, 2 de enero de 2016

A campaña #YoEstrellaCervantes# foi un éxito rotundo!!!!

    CERVANTES ESTRELA !!!

Cervantes xa da nome a unha estrela, e Quixote, Dulcinea, Sancho e Rocinante aos catro planetas que a orbitan. Esta proposta foi iniciativa do Planetario de Pamplona e a Sociedade Española de Astronomía, co apoio do Instituto Cervantes.




No concurso NameExoWorlds da Unión Astronómica Internacional (IAU) no que se votaron as propostas para nomear 20 novos sistemas planetarios descubertos nos últimos anos, a proposta española foi a clara vencedora.






Esta nova chega xusto cando esta a piques de comezar o Ano Cervantes 2016, no que se conmemora o cuarto centenario da morte do escritor.




Divulgadores e profesionais da astronomía, medios de comunicación, amantes da literatura traballaron xuntos con único fin: por a Cervantes no lugar que lle correspondía entre as estrelas.


A campaña para solicitar votos, bautizada como #YoEstrelsCervantes#, estivo presente durante todo o proceso de votación nas redes sociais e a través dunha web propia. As entidades impulsoras agradécennos a todos os votantes, e especialmente aos colexios, entidades culturais e asociacións de aficionados da astronomía que colaboraron na difusión da campaña, así como aos medios de comunicación que se fixeron eco da proposta






2 comentarios:

  1. Graciñas pola información, Mª José. Espero que esteas disfrutando das vacacións e que teñas un gran ano 2016. Unha aperta.

    ResponderEliminar