viernes, 29 de enero de 2016

Visitounos Susa Herrera

Hoxe tivemos o privilexio de escoitar, en vivo e en directo, as cancións do novo disco de  Susa Herrera " En Cabárceno se sigue cantando"


É a mestra de música da Facultade de Ciencias de Educación  de Ourense. 

Ela é a titora de Ángela, a alumna de maxisterio, que está facendo as prácticas no noso cole, na especialidade de Educación Infantil.

Achegouse a o noso centro para visitala e desinteresadamente presentounos o seu novo disco.

Foi todo un pracer escoitala!  Desfrutamos moito da actuación, tanto os nenos como os mestres.

Moitas, moitas, grazas Susa!!!

Esta é unha pequena mostra da súa actuación.





No hay comentarios:

Publicar un comentario