domingo, 27 de marzo de 2016

Proxecto BODY: Entrevista a deportistas da localidade

Estas últimas semanas andivemos  traballando sobre a alimentación saudable.  

Como tamén estamos levando a cabo no Proxecto: Un xogos con historia, decidimos  coñecer alimentación que levan os deportistas.
O primeiro que fixemos foi elaborar unha lista das comidas que pensabamos que eran as máis axeitadas, despois investigamos coas nosas familias, e finalmente debatemos entre nós.

Por outra banda  tivemos a gran sorte de ser invitados a participar no Proxecto BODY, que se ven levando a cabo entre  o IES A Sangriña (centro coordinador),a Residencia da terceira Idade, Avelaíña, San Xerome e o CEIP A Sangriña xunto con centros de ensino de Francia, Portugal, Polonia, Italia, Reino Unido e Romnía, nun proxecto asociativo promovido pola Comisión Europea dentro do sistema  ERASMUS.

O tema do proxecto é a reflexión sobre o corpo humano desde diversas perpectivas: física, emocionais, sociais, artísticas e nutricionais (neste apartado é no que participamos).

O noso traballo consistía en investigar a alimentación dos deportistas e as súas repercusións no deporte que levan a cabo.

Despois de investigar e traballar sobre o tema, chegou o gran día!

O venres, 18 de marzo  xuntámonos no IES A Sangriña xunto cos demáis centros participantes no proxecto BODY. 



Alí fixémoslle unha entrevista a deportistas da zona: Verónica Pérez Pacheco (Judoka) Elsa Pena (Triatleta), Borja Cadilla (atleta), Alberto Díaz ( piragüista).




As preguntas que fixemos os centros participantes, versaron sobre diferentes temas:  motivacións, sacrificicios,  adestramentos, valoración persoal, alimentación, beneficios persoais e profesionais da práctica deportiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario